Sobre min

Mural en Monforte de Lemos (Galicia)

Son Irene García Reyes (1978), metade galega e metade extremeña, aínda que tamén fun albaceteña, madrileña, barcelonesa e ovetense de adopción. Levo traballando en deseño e comunicación visual máis de vinte anos e sigo aprendendo de cada proxecto e das persoas coas que me atopo polo camiño.

Desenvolvo a miña actividade principalmente en Galicia, con empresas e entidades de diferentes ámbitos e estruturas. Cada proxecto responde a unhas necesidades diferentes e traballo co cliente para chegar á mellor solución en función dos recursos dos que dispoñemos. Para min é fundamental crear equipo e ter complicidade e confianza para avanzar con seguridade en cada paso do proceso creativo.

Color, forma y orden, son esenciales en los trabajos gráficos que realizo. Ante todo, pienso que hay que comunicar el máximo posible con los mínimos elementos, economizar el lenguaje, hacerlo inclusivo y fácilmente interpretable para todo tipo de públicos. Y en este sentido, el color también es un elemento generador de sentimientos que permite llamar la atención sobre los mensajes, además de aportar identidad.

Son unha persoa curiosa, observadora e inqueda. Alá onde vou gardo centos de recordos en formato imaxe e intento coller inspiración de cada cousa que vexo e experimento. A música, a arte, a danza, as relacións persoais, viaxar, ler un pouco de todo, aprender sen límites, experimentar... todo suma e axuda nos meus procesos de creación.

Formación
Doutora en Publicidade, UCM, 2003.

Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, UVigo, 2000.

Experiencia profesional
Socia e deseñadora en ekinocio comunicación, 2005-2022.

Profesora de Estratexias das RRPP, UVigo, 2006-2007.
Profesora de Comunicación Corporativa, ESERP Barcelona, 2003-2004.
Profesora de Investigación de Mercados, CENP Barcelona, 2003-2004.
Profesora de Comunicación Corporativa, EUROAULA Barcelona, 2003-2004.
Responsable de Comunicación, Instituto de Desarrollo Regional, UCLM, 2001-2002.